Reformas "estéticas", primeiro paso para mellorar o centro histórico de Combarro
Por Redacción
O Concello de Poio investirá preto de 50.000 euros para efectuar unha serie de "melloras da estética e reforzar o respecto pola contorna" do casco histórico de Combarro.
A concelleira de Patrimonio, a nacionalista Marga Caldas, anunciou que as actuacións se levarán a cabo de xeito "inminente" a través do programa da área de rehabilitación integral (ARI).
Dentro das actuacións, prevén a instalación de luminarias LED, que "ofrecen un mellor servizo a un custe moito máis reducido", tal e como apuntou Caldas. Tamén retirarán de plástico as baixantes e de cableado en diferentes puntos do casco histórico.
As medidas levaranse a cabo tras o estudo previo onde se incluíu a revisión por parte dos técnicos ao casco antigo de Combarro, baixo a supervisión da propia concelleira, que indicou que "estas actuacións son moi necesarias para poñer en valor e coidar un dos nosos valores máis grandes, como é este casco histórico".
Tamén lembrou que desde a oficina do ARI están a traballar na tramitación necesaria para axilizar as solicitudes de reparación e reformas nos inmobles privados que forman parte do núcleo de Combarro.
Neste senso, o Concello animan á cidadanía a poñerse en contacto para as dudas e recorda que este luns, 7 de novembro, pecha o prazo para a solicitude de axudas impulsadas a través do plan da mellora da accesibilidade e nas vivendas, dentro do Plan Estatal para Acceso a la Vivienda 2022-2025, con carácter plurianual.
Por outra banda, Marga Caldas lembrou que no pasado mes de outubro celebrouse un pleno extraordinario no que se acordou a aprobación da declaración de contorno residencial de rehabilitación programa de Combarro, unha proposta que contou co voto a favor de todos os grupos da corporación municipal.
"Estamos en disposición de acceder a axudas de fondos europeos, que se reparten a través do Goberno estatal, e que se investirán na rehabilitación de vivendas privadas" explicou Caldas. A contía á que pode acceder Poio supera os 300.000 euros.
Relacionadas:
-
Axuda de 300.000 euros para rehabilitación de vivendas e actuacións de mellora no casco histórico de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro vivirá este domingo o "día grande" da súa conmemoración como Conxunto histórico
Por Redacción |
-
A Casa Barroca de Combarro, camiño de converterse en espazo de referencia para o patrimonio de Poio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poio prevé reducir un 80% da factura eléctrica co cambio a LED do alumeado público
Por Redacción |