Avanza a tramitación do proxecto para o futuro aparcadoiro subterráneo do Parque Eguren
Por Redacción
O Concello de Marín segue a dar pasos para avanzar na tramitación necesaria para acometer a creación dun aparcamento subterráneo no Parque Eguren.
Así o informou o concelleiro Manuel Santos nunha comisión informativa na que detallou os avances dados nas últimas datas.
Ao ser preciso establecer unha condicións económicas realistas para unha futura empresa concesionaria, dentro do estudo de viabilidade crearase unha convocatoria pública á que poden concorrer empresas do sector, que marcará as condicións de ingresos-custos que derivarían da explotación deste aparcamento. Un paso importante para fixar as condicións do prego de licitación.
O inicio do expediente desa convocatoria pública foi o que levou o concelleiro á comisión, estando previsto trasladalo ao próximo pleno municipal. A partir de aí, asegura o goberno local, seguiranse dando pasos para, finalmente, poder adxudicar a obra e iniciar a construción do aparcamento.
Aínda que confuso trátase dun proceso que "é unha garantía de transparencia e de xestión adecuada á realidade económica", defendeu Santos.
Cabe lembrar que o proxecto do aparcamento subterráneo no Parque Eguren expón a creación dunha infraestrutura de dúas plantas con capacidade para 218 prazas, das que 7 estarían reservadas para ususarios con mobilidade reducida.
No que respecta á súa explotación, prevese realizala a través dunha concesión que inicialmente está calculada para unha duración de 40 anos.
Relacionadas:
-
A Zona 2H e os aparcadoiros públicos gratuítos evitan o colapso do tráfico marinense polo Nadal
Por Redacción |
-
O BNG de Marín propón unha alternativa ao aparcadoiro soterrado do Parque Eguren
Por Oskar Viéitez |
-
Marín estuda a construción dun aparcadoiro subterráneo de dúas prantas no Parque Eguren
Por Redacción |
-
María Ramallo cre que Marín debe impulsar canto antes un aparcamento soterrado
Por Redacción |