Adxudican as obras de mellora dos parques infantís de Santa Lucía, A Chan e A Espedregueira
Por Redacción
Adxudicado o proyecto de mellora dos parques infantís de Santa Lucía e A Chan e de reforma integral da Espedregueira, segundo anunciou este venres o alcalde de Moraña, Jose Cela.
Os parques serán financiados co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e suporá unha inversión total de 62.319,96 euros para que estean "no mellor estado posible", tal e como quere o rexedor, "porque sabemos o importante servizo que cumpren para os máis pequenos e para as familias".
A empresa Garocaprim foi a que resultou adxudicataria e terá un prazo de dous meses para levar a cabo os traballos que engloban os parques máis importantes de Moraña.
O parque de Santa Lucía, de referencia para a poboación infantil e moi concurrido, é un dos máis importantes da vila, situado en pleno centro e verde por excelencia. O parque da Chan, pola súa banda, dá servizo á escola infantil da Chan, e está situado dentro do recinto de equipamentos educativos e culturais e fronte ao recinto da capela dos Milagres de Amil.
Ambos parques, a consecuencia do paso do tempo e do propio deterioro polo uso, presentan un pavimento e elementos do xogo deteriorados, e precisan reparación puntuais.
Por isto, substituirán e mellorarán o pavimento de ambos parques así como a reparación puntual daqueles elementos dos xogos que se atopan desgastados, frouxos ou rotos. Tamén colocarán céspede artificial no caso da Chan e un novo pavimento bicapa de caucho para Santa Lucía. No primeiro tamén instalarán un novo balancín de xirafa.
Por último, no que respecta ao parque infantil de Espedregueira, colocarán un novo peche perimetral de madeira de 1 metro de altura e instalarán un novo elemento de xogo que contará con dúas torres, un tobogán, dúas plataformas, unha rampa, unha escaleira e unha pasarela-túnel. Tamén repararán aqueles elementos que presenten deficiencias, polo que farán unha reforma integral.