O Sergas e a Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra referendan a súa colaboración conxunta durante todo o ano
Por Redacción
O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, mantivo este xoves no hospital Provincial de Pontevedra un encontro coa presidenta da Asociación Española contra el Cáncer en Pontevedra, Carmen Abeledo Márquez, na que se reeditaron os protocolos de dispoñibilidade e relación que ambas institucións comparten e revisan, refrendando deste xeito a súa colaboración conxunta durante todo o ano.
Ambos responsables lembraron os distintos programas, servizos e actividades que actualmente desenvolve esta Asociación na Área Sanitaria, ademais de refrendar os diferentes convenios vixentes nos tres centros hospitalarios integrados na área cara a continuar mellorando a calidade de vida dos pacientes con algún tipo de cancro e das súas familias.
Durante a reunión no Hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o xerente José Flores incidiu na relevante aportación solidaria dos programas da Asociación Española contra el Cáncer ao Sistema Sanitario Público da comarca. O responsable sanitario subliñou que Galicia é unha das comunidades autónomas españolas con maior cifra de voluntariado activo, cunhas porcentaxes que se incrementan cada ano entre un colectivo no que 6 de cada 10 voluntarios son mulleres. “A suma das vocacións dos profesionais sanitarios e a do voluntariado sempre mellorará o mundo. É importante coidar e fomentar esta actitude solidaria entre a poboación de Pontevedra e O Salnés”, matizou José Flores Arias.
Pola súa banda, a presidenta da Asociación Española contra el Cáncer en Pontevedra, Carmen Abeledo, agradeceu a longa e satisfactoria colaboración bilateral co Servizo Galego de Saúde en diversos programas de voluntariado, acompañamento de pacientes e iniciativas de humanización de espazos na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Relacionadas:
-
Abre o mercado solidario da AECC co obxectivo de "recadar un pouquiño máis que o ano pasado"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
A AECC inaugura en Marín unha exposición sobre os avances científicos na loita contra o cancro
Por Redacción |
-
A AECC pon o foco no cancro de mama metastásico, cunha supervivencia do 25 %, para pedir máis investigación
Por Redacción |
-
Pontevedra en marcha contra o cancro
Por Oskar Viéitez |