Pontevedra dedicará o mes da Memoria ao grupo Voces Ceibes
Por Redacción
Cada ano, polo mes de novembro, a cidade de Pontevedra celebra o mes da memoria histórica, que centran sempre nunha temática particular. Nesta ocasión renderase homenaxe ao grupo musical Voces Ceibes.
"É unha memoria histórica un pouco máis contemporánea", puntualizou Xaquín Moreda, o concelleiro responsable deste departamento, para xustificar a elección en que se trataba dun grupo musical que "protestaban usando a canción nunha época de represión". Ademais, a morte no 2021 de Xerardo Moscoso, un dos fundadores da agrupación, supón un argumento de peso para dedicarlles este ano o mes da memoria.
Sen querer desvelar polo momento todos os detalles, adiantou Moreda que o acto se celebrará o día 18 de novembro ás 21 horas no Teatro Principal.
A programación complétase con outros moitos actos ao longo do mes de novembro. O primeiro terá lugar este sábado, día 5, na contorna do parque de Tafisa. O Concello inaugurará ás 12 horas unha exposición biográfica sobre as mulleres que dan nome ás rúas desta nova urbanización, que son Vasquida García, Dolores Trabado e Ernestina Otero. O acto incluirá tamén a participación dalgún familiar destas mulleres e unha breve representación teatral sobre a vida das mesmas.
Ás 19 horas do 12 de novembro terá lugar na Pasarela a tradicional homenaxe aos fusilados neste lugar no ano 1936.
O 21 de novembro conmemorarase tamén o centenario do nacemento de Mariví Villaverde. Un evento cuxo contido será presentada en próximas datas.
Relacionadas:
-
Un mapa permitirá coñecer a pegada da Memoria das Mulleres nas rúas da cidade
Por Anxo Lourido |
-
Cen anos de Mariví Villaverde: "Co seu exemplo, seguiremos avanzando en verdade, xustiza e reparación para as vítimas do franquismo"
Por Redacción |
-
Premio ao esforzo escolar para que o legado de Ernestina Otero "permaneza vivo e non se borre na historia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Ateneo organiza unha conferencia e un recital musical sobre Voces Ceibes
Por Oskar Viéitez |
-
As rúas de Tafisa xa teñen nome de muller: Ernestina Otero, Vasquida García e Dolores Trabado
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A nova Lei de Memoria Democrática garante o acceso das vítimas do franquismo á xustiza?
Por Redacción |
-
A Gala da Memoria homenaxeará a través da música ás persoas asasinadas e represaliadas polo franquismo
Por Oskar Viéitez |