Vilaboa remite a Pontevedra un informe que avala a necesidade de novas captacións de auga
Por Redacción
O Concello de Vilaboa remitiu ao de Pontevedra ampla documentación sobre as necesidades de abastecemento de auga deste municipio. Estas necesidades aparecen recollidas e detalladas nun informe específico solicitado a Augas de Galicia con mención especial ao Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), así como a memoria deste documento cunha previsión de necesidades futuras.
O Concello de Pontevedra demandou esta información dentro do proceso de solicitude dunha ampliación da concesión de augas para o abastecemento dos concelllos integrados no sistema conxunto a Pontevedra e a súa ría, no que se encontra Vilaboa.
Esta tramitación que avanza paralela á constitución dun ente supramunicipal que xestione o recurso hídrico.
Todos estes datos avalan o caudal solicitado por Vilaboa do abastecemento de Pontevedra e que cumplen co acordado na reunión mantida pola directora general de ACUAES coas alcaldes da ría á que acudiu o alcalde vilaboense, César Poza.
Xa que logo, para solicitar a oportuna concesión provisional, e posto que no borrador remitido sinálase unha cantidade total de aproveitamento de auga para abastecemento, necesítase de cada un dos concellos (Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Vilaboa) un proxecto de xustificación da necesidade de caudal para cada municipio, outras fontes de subministro alternativo, os censos de poboación e gandeiro e calquera outra documentación que se considere oportuno presentar para determinar o caudal solicitado do abastecemento de Pontevedra.
O informe elaborado por Augas de Galicia analiza os consumos en cinco parroquias establecendo 19 concesións de abastecemento en San Martiño cun consumo de 238.568,2 metros cúbicos por ano; 22 concesións en San André de Figueirido cun consumo de 48.442,6 metros cúbicos por ano; 7 en San Adrián de Cobres con 117.183 metros cúbicos por ano; 32 concesións en Santa Comba/Bértola con 78.516,3 metros cúbicos por ano e 10 en Santa Cristina con 156.949 metros cúbicos por ano, segundo os aproveitamentos inscritos no Libro de Rexistro de Augas de Galicia
O informe recolle tamén que Vilaboa non acredita dispor de abastecemento de auga para o desenvolvemento das áreas de superficie industrial recollidas no PXOM nin para a execución dos solos residenciais que permitirían a construcción de 82 e 166 vivendas en dúas zonas.
De aí a importancia que ten para Vilaboa avanzar nunha solución na que o abastecemento de auga vertebre todo o territorio como elemento que garantice un desenvolvemento urbanístico e industrial como solución ao reto demográfico coa creación de postos de traballo e como atractivo para fixar poboación.
Relacionadas:
-
Retoman a idea de crear un ente supramunicipal para o abastecemento de auga na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP de Vilaboa esixe unha auditoría para descubrir en que se gastaron 660.000 euros entre 2003 e 2009
Por Redacción |
-
Estudan a constitución dunha entidade supramunicipal que xestione o abastecemento de auga aos concellos da ría
Por Redacción | Creada e actualizada