A Deputación forma a policías locais para defender o espazo público para as persoas
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra celebrou este mércores unha xornada formativa dentro da Facultade Ágora destinada a axentes municipais dos concellos da provincia.
O obxectivo foi formalos na defensa do espazo público para as persoas achegando conceptos sobre seguranza viaria, prevención de accidentes, organización de estacionamentos e como conseguir que nas vilas entre só o tráfico necesario.
O deputado Uxío Benítez abriu a xornada, na que participaron a xefa provincial da DXT, Paula Yubero, así como o director xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra Daniel Macenlle, o inspector principal-xefe da Policía Local de Pontevedra José Manuel Duarte Solla, o oficial xefe da Policía Local de Ponteareas e o policía local e voceiro da Policía Local de Pontevedra Manuel Omil.
Segundo explica o responsable provincial, o seminario denominado #PoliÁgora é "necesario" debido a que a pesares de haber vontade para realizar actuacións de reforma e mellora urbana a filosofía da recuperación do espazo público "ás veces é asimilada con dificultade por parte dun corpo que historicamente traballou cun modelo oposto, no que o bo funcionamento do espazo público consistía en dar facilidades á mobilidade motorizada".
A xornada de #PoliÁgora desenvolveuse no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra este 26 de outubro entre as 9.30 e as 14.30 horas.
Relacionadas:
-
Os proxectos do modelo Ágora en O Grove, Sanxenxo ou Ponte Caldelas, exemplos en Mallorca
Por Redacción |
-
A Deputación divulga o 'Modelo Ágora' na Universidade Politécnica de Cartagena
Por Redacción |
-
A Deputación intercambia coñecemento con Gipuzkoa sobre mobilidade sustentable
Por Redacción |
-
O Goberno de España avala a Axenda Urbana da Deputación de Pontevedra
Por Redacción |