A inflación incrementa a factura final pola reforma de Loureiro Crespo e O Castañal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra aprobou este luns na reunión da Xunta de Goberno Local a revisión de prezos con carácter excepcional presentada pola empresa COVSA en relación á reforma integral da rúa Loureiro Crespo, que incluíu tamén a urbanización do barrio do Castañal.
Este proxecto de reforma urbana xa era, de partida, o máis caro da historia do Concello de Pontevedra cun custo inicial de 2,1 millóns de euros. Con todo, desde que comezou a obra en abril de 2020 e ata a súa entrega foron xurdindo contratempos que incrementan o prezo final.
Meses atrás o custo da reforma sumou 431.000 euros debido a un erro nos planos municipais dos servizos subterráneos agora é a inflación a que leva ao Concello a abonar a maiores á empresa adxudicataria algo máis de 214.000 euros por estes traballos.
A revisión excepcional de prezos está amparada polo Real Decreto 3/2022 en contratos de obra en determinados casos, segundo informou a portavoz municipal, Anabel Gulías, neste caso de "todos os custos que veñen derivados tanto da guerra de Ucraína, como da suba anormal dos subministros eléctricos e demáis cuestións".
Os servizos técnicos municipais validaron que se cumpren todos os requisitos necesarios para levar a cabo esta revisión de prezos.
Relacionadas:
-
Un informe técnico acredita a mellora "significativa" da iluminación e a contaminación acústica en Loureiro Crespo
Por Alejandro Espiño |
-
A praza do Pintor Arturo Souto celebra a súa inauguración con jazz e xogos infantís
Por Redacción |
-
A reforma da contorna de Loureiro Crespo finalizará en maio debido ao atraso na subministración de materiais
Por Redacción |
-
O final das obras en Loureiro Crespo e O Castañal atrásanse a marzo de 2022
Por Alejandro Espiño |