O Grove recibe unha axuda da Deputación para humanizar catro rúas
Por Redacción
O Grove recibirá en breve unha nova achega da Deputación de Pontevedra para redactar dous proxectos de recuperación de espazo público grazas ás subvención Ágora deste 2022.
A Xunta de Goberno deste venres na Deputación deu o visto bo ás axudas do concello meco pola axilidade amosada ao entregar toda a documentación, incluíndoo no primeiro grupo de beneficiarios, segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez.
Nunha seguinte fase aprobaranse os proxectos doutros 21 concellos que deberán presentar ou corrixir a información presentada.
No caso do municipio do Salnés, a axuda ascende a 44.104 euros e permitirá a redacción dos proxectos de humanización das rúas Extremadura, Rioxa e Valencia (valorado en 25.410 euros) e da rúa Entrehortas (valorado en 23.595 euros).