A competición de agility regresa ao Recinto Feiral esta fin de semana
Por Redacción
Despois da competición de saltos e velocidade de cans disputada na primeira fin de semana de outubro co Trofeo Cidade de Pontevedra, este sábado 22 e o domingo 23 de outubro o Recinto feiral celebrarase unha nova competición de Agility puntuable para o Campionato de España da Real Sociedade Canina (RSCE).
Unha vez máis, neste campionato estarán presentes cans e adestradores que foron campións nacionais de Agility en anos anteriores, así como participantes en mundiais.
O evento, organizado polo Club Agility Patas e as concellerías de Benestar Animal e de Promoción Económica en colaboración coa Sociedade Canina Galega, contará coa presenza do afamado xuíz internacional italiano Carlo Fazio.
O trofeo dará comezo o sábado ás 14:45 horas coa entrega de documentación e as medicións, dando paso ás probas de Grao 1 a partir das 15:15 horas e ás de Agility Grao 2 e Grao 3 e Jumping Grao 2 e Grao 3 desde as 17:00 horas. No que atinxe á xornada do domingo, a competición iniciarase ás 9:15 horas cos cans de Grao 1 e, posteriormente, desde as 11:00 horas, tocaralles a quenda aos de Agility Grao 2 e Grao 3 e Jumping Grao 2 y Grao 3.
Os circuítos desenvolveranse en pistas oficiais de céspede artificial Juta Grass modelo Play Confort, que deben ter unhas dimensións mínimas de 20 por 40 metros, cunha lonxitude de entre 100 e 200 metros.