A un paso de demolerse un tramo das Galerías Oliva
Por Redacción
Un cartel exposto no escaparate do local que ata hai un tempo ocupou a frutería "Alimentación Isabel" anuncia a obra de demolición do edificio número 3 da rúa Gutiérrez Mellado levando consigo unha parte das Galerías Oliva.
O cartel do Concello de Pontevedra indica que o promotor da obra Hercor Inversiones S. L., contratou como arquitectos directores da demolición a Rogelio Pérez Conde e Antonio Ameijeiras Sánchez, do estudo vigués Espacio B12 Arquitectos. Tamén informa que Cíes Atlántico SLU encargarase de coordinar a seguridade destes traballos que executará Obras e Construcións Preda SL.
Este pasado luns 11 de outubro a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra concedeu a licenza de demolición para o inmoble que inclúe o acceso desde este vial ás Galerías da Oliva.
Segundo informaba en rolda de prensa a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, a concesión desta licenza municipal é un proceso regrado "e pouco, lamentablemente, pode facer o Concello para evitar esta obra" comentou a concelleira. "Estes procesos teñen moitísimo de técnico e moi pouco de discrecional", engadía. A licenza pasou todos os trámites preceptivos e conta cos informes sectoriais necesarios.
Unha vez que se tomou este acordo por parte do Concello agora, segundo a normativa, este proceso tería unha duración máxima de 12 meses desde a notificación.
Anabel Gulías asegurou que "o Concello non ten ningún coñecemento da obra posterior, da intencionalidade nin demais".
Neste caso a licenza afecta a un edificio, pero esta promotora solicitou un permiso similar para un inmoble lindeiro, o situado no número 11 da rúa Michelena que está pendente do pronunciamento de Patrimonio da Consellería de Cultura xa que a fachada cara a esa rúa está afectada polo ámbito protexido pola declaración do santuario da Peregrina como Ben de interese Cultural (BIC).
Relacionadas:
-
Arrinca a demolición de parte das Galerías Oliva: "Todo vai rapidísimo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Solidariedade Internacional, a resistencia tras o peche do resto de negocios do tramo a demoler das Galerías Oliva
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Preocupación nas Galerías Oliva polo inminente peche da saída cara a Gutiérrez Mellado
Por Alejandro Espiño |
-
O futuro dos baixos comerciais de Michelena, 11: "Tiñamos un contrato ata 2025 e marchamos enganados"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Os donos comunican aos inquilinos que deben abandonar o edificio número 11 de Michelena
Por Oskar Viéitez |
-
As galerías da Oliva, unha rúa sen saída para os comerciantes que se libran da derriba
Por Manu Otero |
-
Patrimonio non autoriza a demolición do edificio de Michelena lindeiro coas Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |
-
Concedida a licenza para executar a derriba dun tramo das Galerías Oliva
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello non poderá salvar as Galerías da Oliva da súa demolición parcial
Por Alejandro Espiño |
-
Desolación nas Galerías da Oliva: "Sabíamos que algo había pero non nos contaron a verdade da situación"
Por Manu Otero |
-
Proxectan demoler parte das Galerías Oliva e dous edificios en Gutiérrez Mellado e Michelena
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |