Abraldes, elixido por unanimidade como candidato do BNG ás vindeiras eleccións municipais
Por Redacción
O vindeiro sábado 22 de outubro terá lugar a presentación pública de Xosé Manuel Fernández Abraldes como candidato do BNG á alcaldía de Barro.
Será nun acto público e aberto a toda a veciñanza previsto para as 20 horas no Centro Cívico, no que ademais do actual alcalde e candidato intervirán a vicerresponsable local do BNG Ángela Aboy e o concelleiro e responsable comarcal Iván Bello Ferreiro.
A elección do cabeza de lista do BNG de Barro ás eleccións municipais que se van celebrar no vindeiro mes de maio, adoptouse nunha asemblea extraordinaria na que Abraldes foi escollido por unanimidade de toda a militancia.
Abraldes conta co apoio do cen por cen da organización do BNG, un respaldo e empuxe que, segundo el mesmo indica "fai que teña aínda se cabe máis ilusión e motivación para seguir traballando por Barro. Síntome profundamente orgulloso desta organización e do equipo que me rodea e de contar con toda a súa confianza".
Ao remate da asemblea Abraldes indicou que o seu obxectivo "é o de seguir transformando Barro e traballar sen descanso para ter un concello do que todos e todas nos sintamos orgullosos", e engadíu que ten moitas "ganas de ver executados todos os proxectos que están en marcha e que serán fundamentais para o Barro do futuro".
Relacionadas:
-
Abraldes, na busca dunha nova maioría para que Barro "non sufra un retroceso"
Por Redacción |
-
Eduardo Ruadas será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Barro
Por Redacción |
-
José Sanmartín repetirá como candidato do PSdeG-PSOE de Barro nas municipais
Por Redacción |
-
Barro aproba uns presupostos récord para 2023 nos que aumenta o gasto social
Por Redacción |
-
Oficialízase o paso de tres concelleiros do PP de Barro ao grupo de non adscritos
Por Redacción |