Andrés Díaz quere que o edificio da presa de Ponte do Inferno sexa un centro de interpretación
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantivo unha reunión con responsables da empresa de enxeñería encargada do proxecto de demolición da Presa do Inferno, no río Verdugo, "acordamos que o edificio da central se converta nun centro de interpretación".
Ademais propuxo o Concello que a infraestrutura de canalización de auga que discorre pola marxe esquerda río arriba se converta nun carreiro.
A Xunta ordenou á concesionaria a derriba dos elementos da central hidroeléctrica tras a finalización da concesión para o seu aproveitamento en 2017, 131 anos despois do inicio da explotación.
Unha vez que obteñan as correspondentes autorizacións ambientais empezará a contar o prazo de 18 meses para levar a cabo tanto a derriba como o resto de obras necesarias para recuperar este espazo.
Unha vez que se execute a derriba do tramo central da presa para que flúa o río o Concello de Ponte Caldelas pretende instalar unha pasarela que una os extremos e permita continuar o carreiro pola marxe dereita do río ata os Pasos do Verdugo en Taboadelo, que tamén serían recuperados dentro deste proxecto, ata conectar co Camiño do Pai Sarmiento.
"Somos prudentes porque este é un proxecto moi ambicioso, que precisa de moitas autorizacións e ten que ser aprobado tanto pola Xunta como por Naturgy, empresa que debe pagar", declarou Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
O BNG pide un "proxecto ambicioso" para recuperar o río Verdugo tras o desmantelamento de Ponte Inferno
Por Redacción |
-
Caduca a concesión de Ponte Inferno e a empresa debe demoler as súas instalacións hidroeléctricas no río Verdugo
Por Redacción |
-
Augas de Galicia recomenda a demolición da presa "Ponte do Inferno" do río Verdugo
Por Oskar Viéitez |
-
Visita á centenaria presa de Ponte Inferno antes de que desapareza
Por Isabel Feijóo Gallardo |