A partida para o Edificio de Facenda dos Orzamentos Xerais do Estado é só para reparar a cuberta

Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Cultura consignou nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) unha partida de 300.000 euros para a reparación da cuberta do antigo edificio de Facenda, na praza da Ferrería. Con todo estas obras non teñen que ver coa previsión de trasladar o Arquivo Histórico Provincial a este histórico inmoble unha vez que se acometa a rehabilitación do edificio.
Así o explicou Guillermo Meijón, coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso, nunha rolda de prensa celebrada este luns na que compareceu acompañado das deputadas Olga Alonso e Ángeles Marra, e a senadora Marica Adrio.
"El proyecto no se ha podido empezar en su globalidad porque se detectaron problemas estructurales que afectaban a la estabilidad de los techos", dixo Meijón. "Por lo tanto se van a acometer actuaciones de emergencia para poder luego ejecutar el proyecto definitivo", engadiu.
Os técnicos do Ministerio trasladaron ao deputado pontevedrés que "en este momento, ellos me han dicho que han tenido que paralizar el proyecto definitivo hasta que se acometan esas obras en el tejado".
O Ministerio de Cultura "está completando el informe para ver los kilómetros de archivo que caben en el edificio de Hacienda" para a elaboración do plan de usos e a redacción do proxecto básico para a reforma deste monumento histórico-artístico, que leva pechado desde o ano 2010. Nese informe inicial descártase a posibilidade suxerida pola Xunta para que este edificio acolla tamén a Biblioteca xa que "se necesitaría todo el espacio para el Archivo Histórico".
NÓ DE BOMBEIROS
Tamén falou Guillermo Meijón da remodelación do Nó de Bombeiros para a que os PGE reservaron 1.500.000 euros, "aquí el Partido Popular insiste mucho en que es la partida de siempre, habría que decir que siempre estuvo durante los ocho años de Rajoy en los Presupuestos Generales del Estado y que lo que nos encontramos en el Ministerio fue una carpeta absolutamente vacía, sin ningún tipo de actuación previa".
Segundo Meijón "en este momento se está finalizando, y será cuestión de 3 o 4 semanas, la redacción del proyecto". Pero antes de que poida sacarse esta obra a licitación, previsiblemente antes de final de ano, teranse que asinar os protocolos co Concello de Pontevedra para permutar uns terreos e coa concesionaria da AP-9, Audasa, para a reordenación das conexións da autoestrada, uns convenios "que también están a punto de finalizarse".
Dende o Concello de Pontevedra informaron a este respecto que enviaron o convenio de cesións en febreiro de 2021 "sen obter resposta" e volveuse a enviar o 2 de febreiro deste ano tamén "sen ter resposta". No mes de agosto recibiron a petición dun informe municipal para a declaración da zona de reserva de dominio público marítimo terrestre, é dicir, o informe municipal para solicitar o permiso de Costas que "está practicamente rematado" e o pasarán nuns días.
HOSPITAL GRAN MONTECELO
Finalmente, o coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso referiuse ás críticas do Partido Popular ao Executivo que preside Pedro Sánchez pola inclusión nos PGE dos 38.580.160 euros que transferirá á Xunta para a ampliación do hospital Montecelo a través dos fondos de compensación territorial.
Guillermo Meijón asegurou que "lo que debería darles vergüenza al Partido Popular es decir que esta actuación nos la queremos apropiar" xa que, segundo o socialista, nesta obra os responsables do PP "no hicieron nada" durante anos "hasta que ahora empieza a ser una realidad, pero quien ha aportado el dinero es el Estado, de la Xunta no se vio un duro".
"El compromiso al que se llegó es que estas partidas vienen para Montecelo y por eso aparece así referenciado en los presupuestos", incidiu Meijón lembrando que o ano pasado xa aparecía este financiamento destinado ao hospital "y no dijeron nada".
Relacionadas:
-
O BNG presenta emendas aos PGE por un importe de 30 millóns para Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta cen emendas "da sociedade civil" para atraer 331 millóns de euros do Goberno a Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PSOE provincial defende uns Orzamentos Xerais do Estado con "acento social"
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra cualifica os orzamentos do Estado de "cutres" coa provincia
Por María José Pita |
-
Para o BNG "chove sobre mollado" cos orzamentos xerais do Estado: "Non podo disimular o meu cabreo"
Por Diego Espiño |
-
O Goberno 'fía' todo seu investimento en Pontevedra á A-57 e ao Nó de Bombeiros
Por Alejandro Espiño |