Música e obradoiros infantís no primeiro fin de semana da programación de Nadal
Por Redacción
Pontevedra vaise enchendo, pouco a pouco, do espírito de Nadal. O Concello de Pontevedra, en colaboración coas distintas asociacións e colectivos empresariais, comerciantes, veciñais, culturais pon en marcha esta fin de semana as primeiras actividades incluídas na programación de Nadal 2013.
As actividades para o sábado, 7 de decembro son:
- Obradoiro de papiroflexia. Ás 10.00 horas na praza de Curros Enríquez
- Obradoiro de Maché, ás 17.30 horas en Curros Enríquez.
Para o domingo, 8 de decembro, a programación é:
- Teatro Principal: ás 21.00 horas Concerto de Santa Icía organizada pola Asociación Músico Cultural San Martiño. Entrada de balde até completar cabida.
- Animación de rúa. Actividades infantís. Obradoiro de Maché. Ás 18.30 horas na praza de Curros Enríquez.