Os proxectos do modelo Ágora en O Grove, Sanxenxo ou Ponte Caldelas, exemplos en Mallorca
Por Redacción
O deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, apostou este venres en Palma de Mallorca pola necesidade de que as administracións locais garantan "o dereito das persoas ao espazo público como escenario fundamental da vida colectiva".
Benítez fixo estas declaracións durante o IX Congreso da Rede de Cidades que Camiñan que se está a celebrar en Palma de Mallorca baixo o lema 'Non hai cidade, faise ao camiñar'. Falou ante representantes municipais de concellos de todo o estado.
Na súa intervención explicou o 'Modelo Ágora' de recuperación do espazo público que se está a estender en boa parte dos concellos da provincia grazas á 'Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público'. Destacou que está totalmente demostrado que o modelo “das persoas primeiro” e da a premisa de que o espazo público é un dereito é perfectamente aplicable en vilas de diferente condición, sempre adaptando ás características particulares de cada unha e puxo exemplos de actuacións xa efectuadas na provincia de Pontevedra que, retirando espazos aos coches para darllos ás persoas, melloraron a calidade de vida da cidadanía.
O deputado fixo unha comparativa de diferentes localidades na provincia, tal como a estrada de San Vicente do Grove, a avenida Luís Rocafort en Sanxenxo, a Praza de España de Ponte Caldelas, a Praza do Calvario en O Rosal, a actuación en Concepción Arenal en A Guarda, ou a Praza da Feira en A Estrada, entre outras, amosando con fotografías como estaban antes das obras de mellora e como están na actualidade, todas elas “cheas de vida”.
O deputado subliñou que a Deputación seguirá a traballar co “compromiso e misión” de incrementar de forma substancial o espazo público para as persoas nos concellos da provincia e destacou que para facelo téñense implementado diferentes iniciativas e actuacións, así como subvencións para a redacción de proxectos e execución de obras sempre seguindo o decálogo do modelo Ágora.
Benítez fixo a súa exposición na mesa titulada 'Espazos desexados' celebrada esta tarde en Palma, na que tamén participaron o arquitecto e profesor Mateus Porto; o alcalde de Maó, Héctor Pons; o tenente alcalde de Palma e responsable de Movilidad Sostible, Xisco Dalmau; o concelleiro coruñés de Urbanismo, Movilidad, Vivenda e Infraestruturas, Francisco Dinís Díaz. Todos eles ofreceron unha perspectiva múltiple dos avances que se están a producir nas súas respectivas cidades e territorios.
Relacionadas:
-
Uxío Benítez cifra en 5,3 millóns o investimento realizado para recuperar espazo público na provincia
Por Redacción |
-
750.000 euros de subvencións Ágora irán destinados a gañar espazo público e crear novas sendas peonís
Por Redacción |
-
A Deputación forma a policías locais para defender o espazo público para as persoas
Por Redacción |
-
O Grove recibe unha axuda da Deputación para humanizar catro rúas
Por Redacción |