Pizza con luras e mexillóns Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que imos aproveitar todos os beneficios das luras e os mexillóns de Conservas Pescamar.
Desde un punto de vista nutricional, a lura destaca polo seu contido en proteínas de gran calidade, necesarias para manter os músculos sans.
Os mexillóns posúen un alto contido en ferro e achegan proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fan un alimento ideal como alternativa ás carnes vermellas.
Para preparar unha deliciosa Pizza con luras e mexillóns Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 base de masa de pizza grande
- 1 lata de Luras en aceite de xirasol Pescamar
- 1 lata de Mexillóns en salsa de vieira Pescamar
- 400 g. de tomates
- 150 g. de queixo mozarella especial para pizza
- 100 g. de gambas peladas
- 100 g. de paus de cangrexo
- 100 g. de olivas verdes
- 1 cebola mediana
- ourego
- pementa negra
- sal
- aceite de oliva virxe extra
Preparación:
Prequentamos o forno a unha temperatura de 220ºC. Mentres tanto, fritimos a cebola picada miúda e os tomates pelados ata que se evapore o líquido. Unha vez fritidos, déixanse arrefriar.
Escorremos o contido das latas de Luras en aceite de xirasol Pescamar e de Mexillóns en salsa de vieira Pescamar.
A base de pizza colócase sobre a placa de forno untada con aceite, deixando un pouco máis elevado o bordo exterior da masa. Picamos varias veces cun garfo por encima e distribuímos o rustrido de cebola e tomate que tiñamos reservado e por enriba o queixo. A continuación, colocamos as gambas, os paus de cangrexo en anacos, as luras, os mexillónso e as olivas.
Empoamos por riba unha culleradiña de ourego picado e un chisco de pementa e sal. Regamos cun pouco de aceite.
Introducimos a pizza en forno medio e servimos cando estea no seu punto.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Guacamole picante con atún claro Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Vieiras á prancha con salsa de atún claro Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Bolos de masa 'croissant' con polo e mexillóns gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
'Bruschetta' ao atún Pescamar con tomate e beicon
Por Noticia patrocinada |
-
Paté de atún Pescamar con olivas
Por Noticia patrocinada |