![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e08/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63389b8a3a-whatsapp-image-2022-10-01-at-21.16.05.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Edificios iluminados de verde para adherirse á campaña nacional sobre a artrite
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Na noite deste sábado ilumináronse en cor verde as fachadas dos hospitais Provincial e Montecelo así coma os edificios institucionais de Pontevedra con motivo da celebración do día 1 de outubro, Día Nacional da Artrite, no marco das campañas que se desenvolven anualmente organizadas pola Coordinadora Nacional de Artrite e en colaboración coa Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra -ASEARPO- co lema "Outubro, mes da artrite e espondiloartrite".
Cómpre sinalar que en Galicia, as enfermidades reumáticas afectan, aproximadamente, a entre un 20% e un 30% da poboación maior de 20 anos e supoñen un dos primeiros motivos de consulta na rede autonómica de Atención Primaria.
A integración do nivel básico de atención, que garante a continuidade da asistencia ao longo da vida do paciente, cos servizos dos centros hospitalarios para aqueles casos que revisten máis complexidade e necesitan maior capacidade resolutiva é clave para dar unha resposta idónea á poboación.
Na actualidade se coñecen máis de 200 enfermidades reumáticas, con distinta orixe, prognóstico e tratamento. Esta diversidade nas súas manifestacións, unida ao feito de que poden aparecer en calquera idade, supoñen un dos grandes retos aos que debe facer fronte o Servizo Galego de Saúde (Sergas), tanto pola inxente cantidade de recursos sanitarios precisos en todas as etapas da enfermidade, como polo feito de que moitas delas tenden a cronificarse e persistir con distinta intensidade na vida da poboación.