Novo paso adiante para o desenvolvemento industrial do polígono da Ran
Por Redacción
O director xeral de “SEPES” (Entidade Estatal de Chan), en calidade de presidente da sociedade “Solo Empresarial do Atlántico” (SEA), Fidel Vázquez, o delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades e a xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, oficializaron hoxe a autorización para a firma do convenio para o desenvolvemento do polígono empresarial e industrial da Ran nun acto no que tamén participou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay.
O Consello de Administración de “SEA” celebrado este xoves autorizou ao presidente, Fidel Vázquez, para a firma dun convenio entre SEA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Cuntis, cuxo obxecto é a sectorización da zona industrial da Ran no citado termo municipal.
Un feito que se transmitiu oficialmente en Cuntis e que supón un paso máis para o desenvolvemento desta área industrial, que se situaría na metade sur do ámbito que separa o vial principal, que atravesa actualmente a zona industrial xa existente.
Para concretar, axilizar e garantir a execución deste convenio, constitúese unha Comisión de Seguimento Paritaria integrada por dous representantes de cada unha das asinantes. A Comisión reunirase, como mínimo, dúas veces ao ano. O convenio establece un cofinanciamento a partes iguais por parte de “SEA” e de Zona Franca de Vigo para o plan e desenvolvemento do polígono industrial da Ran.
A superficie contemplada no Plan de Sectorización para o futuro polígono é de 325.635 metros cadrados, dos que se destinarían a industria un total de 200.397 e a equipamentos 78.265. Desde “SEA” fíxase o obxectivo de que a administración do Estado exerza de motor de desenvolvemento económico en Galicia e facilite o asentamento de novas empresas, para o que se analizan novas operacións e foméntase a cooperación entre administracións.
Relacionadas:
-
Cuntis aproba o convenio que desenvolverá o polígono da Ran cun proxecto de 6 millóns
Por Redacción |
-
Zona Franca apoiará o desenvolvemento do polígono de Carracedo
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis acusa ao PP de intentar "boicotear" o Polígono de A Ran
Por Redacción |
-
Fundiciones Rey confirma ao director xeral de Sepes o seu interese no polígono da Ran
Por Redacción |
-
Desbloquean o futuro polígono da Ran tras dar luz verde ao seu desenvolvemento
Por Redacción |
-
Zona Franca mostra o seu apoio para que Extrugasa se instale no polígono cuntiense da Ran
Por Redacción |
-
O polígono industrial de Cuntis mellora as condicións para acoller novas empresas
Por Oskar Viéitez |