Este domingo haberá restricións ao tráfico pola Marcha contra o cancro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra informou das restricións ao tráfico que haberá este domingo, 2 de outubro, con motivo da celebración da marcha solidaria organizada pola Asociación Contra o Cancro.
Será entre as 9.30 e as 13 horas, aproximadamente, cando non se poderá acceder nin saír con vehículo á zona afectada pola proba deportiva, que sairá desde a avenida de Montero Ríos e percorrerá a zona monumental e o tramo das avenidas de Uruguai e Buenos Aires comprendido entre as pontes de As Correntes e de Santiago.
A circulación de vehículos entre ambas as avenidas efectuarase pola avenida Domingo Fontán e a rúa Xoán Manuel Pintos.
Respecto a os residentes do centro histórico, poderán saír polas rúas Mestre Mateo e Prudencio Landín a partir das 11 horas aproximadamente, unha vez quede despexada de participantes a zona indicada.