Alejandro Regueiro gaña as eleccións á presidencia do Liceo Casino
Por Redacción
Alejandro Regueiro gañou as eleccións á presidencia do Liceo Casino celebradas na xornada deste mércores 28 de setembro.
O resultado final foi de 615 votos para a candidatura encabezada por Regueiro fronte aos 393 que logrou reunir a de José María Landín.
En total eran 1.819 os socios que puideron exercitar o dereito a voto nas urnas instaladas no edificio da rúa Manuel Quiroga.
Despois de 12 anos con Jaime Olmedo á fronte da institución, o Liceo Casino terá a Alejandro Regueiro como presidente, o número 50 da historia desta entidade.
O seu equipo está formado por Mercedes Arbolí Cervera-Mercadillo como contadora, Serafín Quinteiro Moreno, Isabel Páramo Fernández, María Prieto Cervera-Mercadillo, Sergio Lage Cuiñas, María Victoria Lage Zapatero, Susana Castro Rey y Pilar Piñón Esteban.