A compañía Calmear ampliará a súa presenza no parque empresarial de Vilanova

Por Redacción
A xerente da sociedade estatal SEA (Solo Empresarial do Atlántico), Beatriz Sestayo, asinou este mércores co responsable da empresa Calmear a venda dunha parcela de 2.196 metros cadrados do parque empresarial de Baión en Vilanova de Arousa.
Desta forma, a compañía dedicada á maquinaria industrial e á caldeiraría, que xa está a concluír a construción dunha nave empresarial no mesmo polígono empresarial, faise cunha nova parcela coa que poderá ampliar as súas instalacións.
A previsión da compañía, segundo explicou Joaquín Fernández, responsable de Calmear, é continuar o asentamento e crecemento da empresa nesta área empresarial. Actualmente, a compañía xa conta cun persoal de 60 persoas.
A parcela asinada esta mañá fora adxudicada no primeiro Consello de Administración de SEA celebrado neste 2022, no que tamén se deu luz verde á adxudicación doutros 2.715 metros cadrados a outra compañía, vinculada ao sector do transporte.
O parque empresarial de Vilanova de Arousa ten unha superficie neta de 142.723 metros cadrados.
Relacionadas:
-
Conservera Gallega instalarase no polígono de Baión
Por Redacción |
-
Desbloquean o futuro polígono da Ran tras dar luz verde ao seu desenvolvemento
Por Redacción |
-
Tres empresas máis se instalarán no polígono de Baión
Por Oskar Viéitez |
-
O polígono de Vilanova triplica a súa ocupación nun ano
Por Redacción |