O mural artístico entre San Antoniño e Altamira xa se amosa en todo o seu esplendor

Por Alejandro Espiño

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O mural que o artista Miguel Peralta está a pintar na confluencia das rúas San Antoniño e Altamira está a piques de completarse.
O almeriense, fincado en Galicia desde hai anos, comezou o pasado sábado a plasmar o seu deseño sobre a medianeira da zapatería do barrio e, ao longo dos catro días seguintes, os traballos continuaron sen apenas descanso.
Con cores vivas, o proxecto artístico de Miguel Peralta, que forma parte da cooperativa cultural galega Cestola na Cachola -autora, entre outros, do mural do pombal da Alameda- quixo recrear a catro pescantinas coas súas cestas de peixe na cabeza.
A súa obra, á que faltan só retocar certos detalles, prevese inaugurar moi pronto, aínda que as choivas que se esperan para os próximos días poden atrasar os plans.
Este mural forma parte do proxecto "Derrubando Muros con Pintura", que chegou a Pontevedra da man da Deputación da Coruña, unha das institucións participantes no congreso Placemaking Week Europe que se está celebrando en Pontevedra.
Relacionadas:
-
A veciñanza de Altamira demanda ao Concello limpeza e coidado dos xardíns deste barrio
Por Redacción |
-
Organizan xuntanzas veciñais para estudar unha mellora do barrio de Altamira
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Unión do barrio de Altamira para un magosto multicultural con comida caseira e festa
Por Redacción |
-
O urbanismo pontevedrés gaña protagonismo nas últimas xornadas da Placemaking Week
Por Redacción |
-
A pintura que 'derruba muros' chega a Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |