As cen primaveras de María Alicia
Por Redacción
Se o alcalde de Pontevedra chama á súa porta cun ramo de flores na man probablemente alguén na súa casa cumpra máis de cen anos de vida.
Dende o seu primeiro mandato, Miguel Anxo Fernández Lores, acode en persoa a felicitar aqueles pontevedreses centenarios. Este martes, felicitou a María Alicia Perdíz.
Lores comprobou o bo estado de saúde de María Alicia e estivo a falar con ela da súa vida cotiá. Tras a charla o rexedor despediuse ata o próximo ano desexándoo que seguise tan ben como a viu nesta primeira visita.