Unha explosión rebenta unha tenda de patinetes en Vilagarcía
Por Redacción
Sen feridos pero con danos importantes no local. Así se saldou un suceso que tivo como escenario unha tenda de patinetes de Vilagarcía de Arousa.
Foi por mor dunha deflagración que se produciu durante as tarefas de reparación dun destes patinetes eléctricos.
A explosión produciuse sobre as once da mañá nun baixo comercial da Rúa Castelao. Foron os veciños os que, tras percibir o incendio, chamaron ao 112 Galicia.
Tras confirmar que todas as persoas estaban ben, os Bombeiros de Vilagarcía e os membros do Servizo Municipal de Emerxencias centráronse en extinguir o lume.
Os danos no local producíronse especialmente no escaparate e a porta de acceso, que quedaron totalmente esnaquizados.
Neste operativo, colaboraron tamén axentes da Policía Local e da Policía Nacional.