O despedimento de seis traballadores provoca protestas en Conservas Antonio Alonso de Bueu
Por Redacción
O despedimento de seis traballadores na empresa Conservas Antonio Alonso de Bueu provocou unha reacción por parte do resto do equipo que todos os días se concentra fronte ás instalacións da compañía no polígono de Castiñeiras coincidindo co descanso para o bocadillo. O pasado venres a dirección da compañía despedía estes traballadores alegando "cuestións técnicas e organizativas".
A central nacionalista CIG anunciou que na asemblea de traballadores que se desenvolverá a próxima semana propoñerá o inicio dunha folga indefenida para rexeitar estes despedimentos. O sindicato, que ten maioría no comité de empresa, denuncia que a dirección desta empresa que comercializa os seus produtos baixo a marca Palacio de Oriente entregou as cartas de despedimento o venres ao mediodía sen negociación nin comunicación previa.
As instalacións da fábrica resultaron afectadas por un incendio en agosto de 2012. Como consecuencia a empresa iniciou un ERE que se mantivo durante un ano. Unha vez finalizado, os sindicatos sinalan que a empresa nunca notificou a intención de prescindir do persoal ata que o pasado venres despedíu a estes seis empregados.