Alberto Garzón advirte en Pontevedra que a guerra de Ucraína supuxo a “aceleración dun problema estrutural que xa existía”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O ministro de Consumo, Alberto Garzón, reivindicou este luns en Pontevedra o papel das universidades para "desmitificar ideas que son nocivas" en relación co crecemento económico e, en xeral, sobre teoría económica, capitalismo e as consecuencias ambientais e sociais dun modelo económico baseado no crecemento.
Garzón visitou Pontevedra na súa faceta de economista. Tras eludir responder as preguntas da prensa, participou nun coloquio co director do Post-Growth Innovation Lab, Mario Pansera; a directora científica do centro de investigación interuniversitario Ecobas, María Loureiro; o investigador posdoutoral do Post-Growth Innovation Lab, David Soto Oñate; e contará tamén coa intervención do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.
Baixo o título 'Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica', debateron no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra sobre a importancia da universidade para xerar un pensamento crítico que logo poida chegar á cidadanía, poñendo o foco nas economías alternativas.
O "primeiro papel" das universidades sería "desmitificar" esas ideas que ha "interiorizado a sociedade en xeral" e Garzón agradeceu a reflexión "sosegada" sobre o tema neste contexto universitario, máis aló dos "30 segundos" que lle dedican os medios de comunicación tradicionais.
O ministro considera que o actual crecemento económico é "unha anomalía en termos históricos dos últimos 200 anos" e que a guerra de Ucraína supuxo a "aceleración dun problema estrutural que xa existía", disparando a crise enerxética que xa se ía a producir, pero acelerouse.
Neste coloquio, Garzón resumiu o artigo 'The limits to Growth: Ecosocialism or Barbarism' que publicou na revista Monthly Review e que pon o foco nos impactos sociais e ambientais do consumo e na necesidade de reescalar a actividade económica ata o nivel que sexa compatible cos límites do planeta.
Así, considera que "existe unha necesidade técnica de vivir dentro dos límites do planeta, unha necesidade que é física e que é inevitable", de modo que a sociedade está abocada ao decrecemento.
Nun contexto no que a enerxía e os recursos naturais son "escasos", Garzón considera que "hai debate sobre o decrecemento, que se vai a producir si ou si, pero a cuestión é como". E aí é onde aparece o papel da universidade e tamén da política económica.
Ante o "amplo debate" que existe sobre o posible colapso da economía, o ministro de Consumo cre que "é improbable" que se produza nos termos que estamos afeitos ver en series ou películas, senón que o colapso "máis probable" é o que estamos a vivir na actualidade de inflación.
Esta situación vea inevitable unha vez que se desmontou o modelo económico capitalista que nas últimas décadas baseouse na crenza de que sempre habería fontes de enerxía e recursos naturais "baratos".
Unha vez que o crecemento económico e a guerra de Ucraína aceleraron a escaseza de enerxía e recursos naturais, o único escenario posible é o decrecemento, pero a pregunta, para Garzón, é como se vai a reaccionar a esta situación, desde unha deriva cara a posturas políticasmáis autoritarias e fascistas ou cara a unha mobilización social e democrática. "Non hai anda escrito, se pode gañar a esquerda ou a dereita", sostivo Garzón.
No Museo de Pontevedra, Garzón falou ante un público universitario no que tamén estivo a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a vicerreitora da Universidade de Vigo en Pontevedra, Eva Lantarón; e o académico Xesús Alonso Montero.