Caldas entregará outros 110 composteiros financiados polos fondos Next Generation
Por Redacción
Baixo o lema "Tempo de reciclar, Caldas composta" o Concello de Caldas de Reis promoveu a compostaxe doméstica no mercado semanal dos luns, cun punto informativo e unha mostra dun dos 110 composteiros que serán entregados de balde, durante o mes de outubro ás persoas que o soliciten, que residan habitualmente en Caldas e que dispoñan na súa vivenda dun espazo verde.
Nesta ocasión os composteiros están financiados polos fondos europeos Next Generation da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia del Gobierno de España.
As persoas interesadas en dispoñer dun destes composteiros debe chamar ao teléfono de avisos do Concello, 647 574 316, ou enviar un correo electrónico a avisos@caldasdereis.com. indicando nome, apelidos e dirección, ou personarse no edificio do centro comarcal polas mañás.
A asignación farase por orde de entrada das solicitudes. As persoas que resulten beneficiarias serán contactadas para participar nunha xornada informativa na que se entregaran os composteiros e o Manual da Compostaxe editado polo Concello.
O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, agradeceu a implicación das máis de 400 familias que xa están comprometidas coa compostaxe e coa mellora do medio ambiente en Caldas.
Relacionadas:
-
Unha delegación de Guinea Bissau visita a Deputación para afondar no plan Revitaliza de xestión de biorresiduos
Por Oskar Viéitez |
-
Aposta da Deputación pola agrocompostaxe con axudas de ata 600.000 euros por empresa
Por Redacción |
-
Vilagarcía implanta o contedor marrón cun plan piloto para a recollida de residuos orgánicos
Por Redacción |