Rescatan quince cachorros abandonados, seis en Ponte Caldelas e nove en Meaño
Por Redacción
En apenas 48 horas ata quince cachorros recentemente nacidos foron rescatados polo persoal do Centro de Acollida de Protección de Animais (CAAN) da Deputación. Todos eles están a recuperarse dun xeito satisfactorio nas instalacións da Armenteira.
Seis dos animais foron abandonados nunha caixa ante o pavillón de Ponte Caldelas.
Os cachorros son cinco femias (Nela, Baca, Crisal, Vera e Terra) e un macho (Watson).
Teñen aproximadamente un mes de idade e están a recibir os coidados necesarios no CAAN, aínda que en principio atópanse en bo estado de saúde.
Só 24 horas despois recolléronse outros nove cachorros con só quince días de vida. Son oito machos (Floro, Lou, Mío, Valdo, Pazo, Bico, Cobo e Sil) e unha femia (Lis) e están a ser aleitados pola súa nai, Quina, que foi recuperada xunto aos animais nunha silveira en Dena (Meaño).
Afortunadamente todos están tamén en bo estado.
Os quince cachorros estarán no CAAN ata completar a súa recuperación e, se todo vai ben, poderán saír en adopción nuns meses tras cubrir todo o cadro de vacinación.
Relacionadas:
-
"Leo", o podenco atropelado que atopou un novo fogar coa muller que o rescatou
Por Redacción |
-
Rescatan trece cachorros abandonados en Ribadumia
Por Redacción |
-
O 'avó' do CAAN atopa un novo fogar cunha familia de Cardiff
Por Redacción |
-
Rescatan sete cachorros abandonados en dous contedores
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación rexistrou en 2021 a cifra récord de 660 adopcións
Por Oskar Viéitez |