Incautan 73 nasas fondeadas ilegalmente fronte a unha praia do Grove
Por Redacción
A Garda Civil incautou un importante número de aparellos de pesca por estar situados nunha zona prohibida da ría de Arousa.
Ocorreu concretamente no Grove, onde se localizaron este mércores 73 nasas fondeadas ilegalmente na zona de baño da praia de Mexilloeira.
Os aaparejos foron recollidos pola patrulleira Corvo Mariño do servizo marítimo da Garda Civil de Pontevedra.
Tras sacar as nasas do mar, as capturas foron devoltas ao auga, mentres que as nasas foron entregadas ao servizo de Gardacostas de Galicia.