
© Concello de Pontevedra
Alumnado de Arquitectura estudará tres espazos urbanos de Pontevedra para propoñer melloras

Por Redacción
A desembocadura do río Gafos, o espazo fronte ao pavillón municipal e a zona comprendida entre a ponte das Correntes e a ponte de Santiago serán os tres espazos sobre os que traballará o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
O obxectivo deste estudo é o de presentar unha serie de proxectos "realistas" para estes lugares, coa fin de que os estudantes poidan aplicar os seus coñecementos dun xeito práctico.
Esta escola de arquitectura, dependente da Universidade de A Coruña, realizará este traballo en colaboración co Concello de Pontevedra.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu aos estudantes no Teatro Principal e ofreceulles un breve discurso introdutorio para facerlles entender a base do modelo da cidade e mesmo o estado no que se atopa hoxe todo o municipio.
Esta xornada inicial de traballo incluíu ademais unha conferencia sobre a cidade, un panel que foi impartido polo director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, e pola arquitecta municipal, Rosa Magdalena Fernández.
Nesta iniciativa participan unha trintena de alumnos e alumnas desta escola.