Ciencias da Educación e do Deporte ampliarase cunha sala de neuromusculación
Por Alejandro Espiño
O campus de Pontevedra incorporará unhas novas instalacións. Será unha sala de neuromusculación que se vai a habilitar na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
A nova sala terá un tamaño de 204 metros cadrados e permitirá crear un novo espazo para este edificio, modificando lixeiramente o volume construído.
A actuación prevista no campus conta cun orzamento de case 202.000 euros e ten un prazo de execución de doce meses, tendo que comezar obrigatoriamente nos seis primeiros.
A portavoz do goberno, Anabel Gulías, explicou que o Concello xa concedeu a licenza para estas obras que, segundo engadiu, forman parte dun "proxecto importantísimo".
"Todo o que sexa mellorar o noso campus fai que este sexa un espazo máis potente e máis profesionalizado e lle permie seguir na vangarda", defendeu a representante municipal.
Relacionadas:
-
Xunta e Universidade comprométense a seguir fortalecendo o campus pontevedrés
Por Redacción |
-
A oferta de obradoiros do campus inclúe animación, fotografía, cerámica, cogomelos, lingua de signos, escalada e robótica
Por Redacción |
-
O campus de Pontevedra recupera a presenza internacional post covid con 49 estudantes estranxeiros
Por Redacción |
-
A nova sede do Campus Crea en Benito Corbal inaugurarase "ben pronto"
Por Redacción |
-
Música e festa no campus para dar a benvida os novos estudantes universitarios
Por Redacción |