O campus de Pontevedra recupera a presenza internacional post covid con 49 estudantes estranxeiros
Por Redacción
A Universidade de Vigo vai recuperando a proxección internacional despois do parón derivado da pandemia da covid-19. Neste primeiro cuadrimestre do curso 2022/2023 terá 324 estudantes estranxeiros, fronte aos 277 do curso anterior. Deles, 49 estarán no campus de Pontevedra, 26 no de Ourense e 248 en Vigo.
En Pontevedra, o maior número de estudantes estranxeiros está matriculado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, 33 en total. Ademais, haberá 7 en Ciencias da Educación e do Deporte, 5 en Belas Artes, 3 en Fisioterapia e 1 en Dirección e Xestión Pública.
Estas cifras chegan logo do brusco descenso experimentado no número de estudantes estranxeiros nos últimos anos e desde a Universidade de Vigo destacan que, de todos os xeitos, o escenario internacional segue sen ser o idóneo para os intercambios.
A vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Vigo, Maribel del Pozo, destaca que a cifra é bastante positiva porque aínda que rematou a pandemia hai un escenario bastante incerto. "Ademais do coronavirus está a situación económica, os alugueres nalgunhas cidades están absolutamente disparados, a incerteza da guerra en Ucraína … Non é o mellor momento para facer unha estancia", explica.
Tendo en conta as cifras globais de toda a institución, este alumnado foráneo será maioritariamente feminino. Así, 218 son de xénero feminino, 105 de xénero masculino e unha persoa que se identifica como non binaria.
Por países de orixe, Italia volve situarse á cabeza con 66 estudantes, seguido de Alemaña con 50, Francia con 33, México con 31, Polonia con 29, Reino Unido con 13 e Brasil con 11.
Relacionadas:
-
Algo máis de 700 estudiantes cubren o 98% das novas prazas no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Xunta e Universidade comprométense a seguir fortalecendo o campus pontevedrés
Por Redacción |
-
A oferta de obradoiros do campus inclúe animación, fotografía, cerámica, cogomelos, lingua de signos, escalada e robótica
Por Redacción |
-
Ciencias da Educación e do Deporte ampliarase cunha sala de neuromusculación
Por Alejandro Espiño |
-
Alberto Garzón analizará en Pontevedra o papel da universidade na transición ecolóxica
Por Redacción |
-
O campus recibirá este curso 59 universitarios estranxeiros, a maioría de Brasil e México
Por Redacción |
-
O campus, unha particular ONU con estudantes de 18 nacionalidades
Por Redacción & Mónica Patxot |