A homenaxe á xente do mar, punto de partida da recuperada Festa da Ameixa

Por Redacción
Despois de dous anos marcados pola pandemia, Poio volve gozar da súa querida Festa da Ameixa.
Campelo recupera así "unha dás festas máis emblemáticas da comarca", asegurou o alcalde Luciano Sobral no acto inagural da que é xa a 34 edición da festa.
O evento recupera o seu espírito gastronómico pero tamén de homenaxe á xente do mar, recoñecendo o labor de preto de medio cento de mariscadores e mariscadoras dos pósitos de Raxó, Lourizán e San Telmo xubiladas entre 2019 e 2021.
"É o gran espírito representativo da tradición mariñeira da localidade", explicou á súa vez o concelleiro de festexos, Xosé Luís Matrtínez.
As mariscadoras homenaxeadas foron:
- 2019: Ángeles Sabarís, Áurea Moldes, Carmen Villar, Carlos Miguel Caramés, Digna Pazos, Dolores Castiñeira Carballa, Dolores Castiñeira Tomé, Elisa Castiñeira Gómez, Javier Carballa, Josefa Rodríguez, María Ángeles Barros, María del Carmen Pintos, María del Pilar Alvariñas, María Luz García, Magdalena Martínez, María del Pilar Muñiz, María Teresa Graña, María Teresa Rodríguez, María Blanco, Pastora Balea, Peregrina Castiñeira, Peregrina Muñiz, Ramiro Martínez, Victoria Esperón.
- 2020: Amelia Caramés, Ángela Buceta, Aurelia Iglesias, Carmen Sabarís, Carmen Lubián, Dolores Carballa, Dolores Romay, Elvira Costado, Esepranza Buceta, Laura Outeda, María del Pilar Viñas, María del Carmen Alonsom, Milagros Martínez.
- 2021: Ana Belén Martínez, Berta Torres, Carmen Ameneiro, Carmen Fernández, Dolores Irago, Dorinda Rea, Felicitas Piñeiro, María Teresa Justo, Pilar Silva.
Ademais o acto tamén incluíu a entrega de premios para os tres primeiros clasificados no Concurso de Fotografía Festa da Ameixa 2022. O gañador foi Carlos Andrés Pereira, cunha imaxe titulada 'O futuro do mar', mentres que o segundo posto foi para Carmen Carreiro por 'Redes' e e terceiro para José E. Erís por 'Traballando co rasco'.
No que respecta a a parte gastronómica da celebración, durante as xornadas de sábado e domingo prevese servir preto de 500 quilos de ameixa na carpa instalada na Praza da Granxa.
Relacionadas:
-
A Xunta completo o arranxo das humidades que afectaban á igrexa de Campelo
Por Redacción |
-
Un festival na Alameda de Marín homenaxeará ás mulleres do mar
Por Redacción |
-
Raxó organiza un man a man entre Panorama e o Combo Dominicano
Por Redacción |
-
Oda á 'Ameixa' en Campelo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Confirmado: haberá Festa da Ameixa de Campelo esta fin de semana
Por Redacción |
-
A celebración da Festa da ameixa está supeditada á situación da toxina
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa homenaxeará as mariscadoras xubiladas e recuperará a degustación gastronómica
Por Redacción |