San Marcos continúa medrando coa presentación dos dos novos tanatorios ubicados en Sanxenxo e Meis
San Marcos continúa coa súa aposta por ofrecer ás familias da nosa contorna os mellores servizos para poder despedirse dun ser querido. Proba diso son as novas instalacións que presenta este xoves e venres nos concellos de Sanxenxo / Meaño e Meis. Dous novos tanatorios que pasan a formas parte dos edificios cos que a empresa funeraria pontevedresa conta en diversos puntos da nosa provincia, incluída a capital, Pontevedra.
Estas dúas novas instalacións manteñen a liña marcada xa no Tanatorio San Marcos Pontevedra e que continuou tamén na recente renovación realizada no Tanatorio San Marcos de Poio, pertencente tamén ao grupo funerario pontevedrés.
TANATORIO SAN MARCOS SANXENXO | MEAÑO
Este xoves, 15 de setembro, tivo lugar a presentación do novo Tanatorio San Marcos Sanxenxo, situado no polígono de Nantes. Unha infraestrutura diáfana, seguindo o mesmo deseño que nas instalación de Pontevedra e Poio. Conta con tres amplas salas de velación equipadas coas últimas novidades no sector funerario e ofrecendo tamén as últimas novas tecnolóxicas, dando resposta as demandas das familias. Estas salas de velación constan de dúas zonas diferenciadas, unha máis íntima cunha coidada iluminación pois é o lugar onde se atopa o túmulo e por conseguinte a persoa querida á que se despide; e outra zona máis pública, concibida para o acompañamento no duelo e que para iso dotouse cos servizos necesarios para que as familias se sintan cómodas.
Esta nova instalación dispón tamén de servizo de cafetería cun amplo espazo tanto interior como exterior (terraza), unha pequena zona de lectura, un aparcadoiro exclusivo para as familias e un pequeno patio axardinado.
TANATORIO SAN MARCOS MEIS
Especial mención merece o novo Tanatorio San Marcos de Meis, que se localiza na antiga reitoral de San Vicente de Nogueira, xunto a igrexa que leva este mesmo nome, e que se presenta este venres, 16 de setembro. Unha nova vida para este espazo histórico que conta co apoio do Arcebispado de Santiago de Compostela.
Baixo a impoñente pedra deste antigo edificio se localizan as dúas salas de velación das que dispón esta nova instalación. Ambas contan cun amplo espazo para que as familias poidan despedirse dos ser querido, e seguindo o deseño fixado por San Marcos para as súas instalación, tamén conta con dúas zonas diferenciadas unha máis íntima e outra zona máis pública.
Neste proxecto non se deixou ao marxe a importancia do inmoble cuxa riqueza poderá apreciarse tanto dende os dous patios interiores como dende a zona exterior axardinada. Ambos espazos contan con mobiliario para ofrecer un lugar de confort y tranquilidade ás familias e os seus achegados.
CERCA DE TRINTA ANOS AO SERVIZO DAS FAMILIAS DE PONTEVEDRA
San Marcos conta cunha longa experiencia no mundo funerario. Tras preto de trinta anos ao servizo das familias, estas novas instalacións permitirán dar unha mellor resposta ás demandas dos veciños destes concellos.
Por último, non podemos esquecer que San Marcos Servicios Funerarios traballa conxuntamente cun amplo abanico de empresas aseguradoras aos que lles ofrece nestas instalación espazos axeitados para que poidan ofrecer unha atención personalizadas ás familias.