Rematados os traballos de acondicionamento do castro de A Lanzada iniciase Adro Vello no Grove
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra conclueu este martes as actuacións de limpeza e acondicionamento dos castros de A Lanzada (Sanxenxo) e o mércores inicia similares labouras no xacemento de Adro Vello, en O Grove.
Estas intervencións, desenvolvidas por equipos formados por 8 ou 10 operarios e un ou dous arqueólogos da institución provincial, forman parte da primeira fase do programa de rehabilitación e recuperación dos xacementos galaico-romanos da provincia para o seu aproveitamento cultural e turístico.
Dentro dela, entre outros, foron acondicionados xa os castros de Subidá, en Marín; Alobre, en Vilagarcía e Monte Castro, en Ribadumia. En vindeiras datas, a Deputación actuará nos que faltan: os de Cruz do Castro (Cotobade) e Pena Redonda (Ponte Caldelas).
Nunha segunda fase, con fondos do 1% de interés cultural do Ministerio de Fomento que acadarán os 2,5 millóns euros, a Deputación levará a cabo intervencións máis amplas para a excavación e recuperación integral de 25 castros da provincia.