As ludotecas das Escolas de Nadal amplíanse ás parroquias
Por Redacción
A partir do 23 de decembro, iniciaranse as actividades das ludotecas denominadas Escolas de Nadal que pon en marcha a Federación provincial de ANPA de Centros públicos de Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Educación.
A proposta céntrase en nenos e nenas de 3 a 12 anos a través de dous proxectos: 'Un Nadal encantado' e unha 'Escola de Nadal de Lengua inglesa, Christmas Time', segundo explicaron o presidente de FANPA, Alberto Pita, e o concelleiro de Educación, Agustín Fernández durante a presentación destas ludotecas. Estas actividades conclúen o 8 de xaneiro.
Para 'Un Nadal encantado' ofértanse 120 prazas entre o CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Campolongo. A gran novidade desta edición é que se ofertarán 40 prazas no rural, nos colexios CEIP Cabanas e Marcos da Portela.
A 'Escola de Nadal de lingua inglesa' se desenvolver nun espazo por determinar en Pontevedra para o que se destinan 60 prazas e no CEIP Parada Campañó destinado a 20 nenos.
A inscrición pódese realizar xa e péchase o luns 9 de decembro. Para solicitar a praza hai que achegarse ata a rúa Xan Guillermo ou a través do correo electrónico: actividades@nontedurmas.org
O prezo destas ludotecas é de 30 euros, con descontos de 10 euros para as familias numerosas.