Tambo acollerá unha visita institucional das corporacións de Pontevedra, Sanxenxo, Marín, Bueu, Meaño e da Deputación
Por Redacción
O Concello de Poio organiza unha visita institucional á Illa de Tambo, que terá lugar este sábado, 17 de setembro.
O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís, explicou que invitouse ás corporacións municipais de Pontevedra, Marín, Bueu, Sanxenxo e Meaño, ademais da Deputación.
Incluirá un percorrido guiado por todo o enclave, no que se darán a coñecer os principais recursos e atractivos da illa.
A recepción oficial de autoridades será ás 10.30 horas. Posteriormente, partirá a embarcación ata Tambo, onde as 11.00 horas comezará a visita, de dúas horas e media de duración. No traxecto de volta, ademais, celebrarase a Mesa Sectorial de Traballo do Sector Público do Grupo de Acción Local da Pesca (GALP) da Ría de Pontevedra.
O concelleiro de Promoción Económica salienta a importancia desta convocatoria, que ten coma obxectivo "trasladar e dar a coñecer a importancia e o valor estratéxico que ten a illa de Tambo non só para Poio, senón para toda a contorna da nosa ría". Neste sentido, Gregorio Agís lembra que esta paraxe "ten unha afinidade histórica con moitos destes concellos" e que "Tambo é a illa de todas e todos".
O Concello de Poio lembra, asemade, que seguen operativas as visitas guiadas para toda a veciñanza, que se desenvolven as fins de semana (venres, sábados e domingos), así como en festivos. As navieiras Mar de Ons e Pelegrin, con base en Combarro, son as encargadas de realizar os traxectos. Tamén é posible solicitar excursións por parte de asociacións e colectivos. Estas tramitacións poden realizarse a través da páxina web municipal www.concellopoio.gal o en la página de Turismo, www.turismopoio.gal.
Relacionadas:
-
Preto de 2.000 persoas visitaron Tambo desde a posta en marcha das rutas regulares en barco
Por Redacción |
-
Defensa colaborará con Poio para definir os usos da illa de Tambo
Por Redacción |
-
Balizan as inmediacións da praia da illa de Tambo para garantir a seguridade
Por Redacción |
-
A I edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio xa ten gañadores
Por Redacción |
-
Posta a punto na illa de Tambo para recibir as primeiras visitas
Por Redacción |