Suspendida a procesión e a misa nocturna na honra da Virxe da Mercé

Por Redacción
A Comunidade dos Mercedarios do Mosteiro de Poio decidiu suspender a tradicional procesión e misa nocturna na honra da Virxe da Mercé, o que suporá algúns cambios na programación das Festas organizada polo Concello de Poio.
O concelleiro de Festexos, Xosé Luís Martínez, anunciou que os fogos de artificio, previstos para a noite do xoves 22 de setembro, terán lugar o venres 23, a medianoite.
O sábado 24, día da patrona, ás 12.00 horas celebrarase a Misa da Vendima, coa actuación da Coral de Poio, e ás 19.00 horas, misa con procesión, acompañada pola Banda de Música de Marín e a Coral Virxe de Fátima. Tanto o xoves como venres haberá verbena na Seca, coa actuación das orquestras Saudade, Charleston, Tango de Vigo e Marbella.
Cómpre lembrar que a tirada de fogos artificiais xa fora adiada o pasado mes de xuño, durante as Festas de San Xoán.