Pontevedra continúa en prealerta pola seca a pesar das chuvias dos últimos días
Por Redacción
O Concello de Pontevedra volveu a reunir este mércores aos concellos da conca do Lérez (Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu, ademais de Augas de Galicia) para facer seguimento da seca, especialmente despois das chuvias dos últimos días.
Aínda que o río subiu o caudal até os 6,5 metros cúbicos/segundo ata este mércores, os concellos acordaron manter o seguimento e a prealerta xa que a previsión é que o caudal volva a baixar tal e como se viu comprobando coas últimas chuvias. A próxima reunión será en dúas semanas.
A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva explicou que o río se atopa hoxe cun caudal medio de 6,5 metros cúbicos/segundo, pero nestes días chegou a subir a 7,1 metros cúbicos/segundo. A previsión é que continúe a baixar unha vez que desaparezan as chuvias, atendendo ao comportamento do río nas últimas semanas. Polo tanto, a previsión continúa a ser de prealerta até o caudal do río non se estabilice por riba de 1,82 metros cúbicos/segundo.
Carme da Silva informou que esta situación débese as chuvias rexistradas estes días, especialmente as do martes, río arriba en zonas como Forcarei con rexistros de 47 litros por metro cadrado, ou Rebordelo (Cotobade) con 50 litros por metro cuadrado.
Tamén mellorou a auga encorada no Pontillón. A 5 de setembro era de 80,86%, a 12 de setembro era de 81,87% e a día de hoxe é de 82,14%. É dicir, esta recuperación supón 14.200 metros cúbicos máis no encoro, máis do consumo de Pontevedra nun día.
Ademais, continúan a baixar os consumos medios que arrancaron na semana do decreto da prealerta, no mes de xullo, con 37.000 metros cúbicos; a semana pasada estaba en 32.400 metros cúbicos e a día de hoxe era de 30.300 metros cúbicos.
Cos datos sobre a mesa, na reunión deste mércores acordouse continuar co seguimento do caudal do Lérez e ver como repercuten as chuvias dos últimos días nel. Manténse o estado de prealerta e acordouse volver a convocar o seguinte encontro para dentro de dúas semanas.
A concelleira do Ciclo da auga aproveitou a súa comparecencia para lembrar o necesario uso responsable da auga por parte da sociedade: "sempre hai que facer un consumo de forma responsable pero máis nesta situación", e tamén da importancia de ter a rede de abastecemento en bo estado como pode ser o caso de Pontevedra que ten un 91% de eficacia.
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez admite que se estudan fórmulas para reutilizar augas da depuradora en ENCE
Por Redacción |
-
Mantense a situación de prealerta pola seca porque o caudal do Lérez segue baixo
Por Redacción |
-
Chegan dous días de chuvascos ás Rías Baixas
Por Redacción |
-
Amplían á conca do Verdugo e o Oitavén a prealerta pola seca, que se mantén no Lérez
Por Redacción |
-
RADIO.- O debate sobre a xestión da auga "non pode ser conxuntural" e "hai que sacalo das modas e das axendas electorais"
Por Marisa Ciordia |
-
Carmela Silva destaca que a Deputación é a administración pública galega que máis recursos dedica a facer fronte á seca
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de ENCE convocan unha manifestación antes de que o Supremo decida sobre o futuro da fábrica de Lourizán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |