
© Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia
Dous homes de máis de 77 anos falecen con covid na área sanitaria

Por Redacción
Este xoves 8 de setembro, a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica dous falecementos máis de pacientes contaxiados con coronavirus nos hospitais da zona. Trátase de dous homes, de 77 e 81 anos respectivamente, que presentaban outras enfermidades nos seus historiais clínicos. Con estas mortes, a área sanitaria alcanza os 340 decesos desde que se notifican as mortes derivadas desta enfermidade. Nese mesmo período curáronse 76.129 persoas, cinco máis nas últimas 24 horas.
Nesta xornada permanecen 21 pacientes con coronavirus en plantas de hospitalización da área: 16 no Hospital Montecelo; catro no Hospital do Salnés e un no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra. A unidade de Coidados Críticos de Montecelo atópase sen pacientes con covid.
O número de casos activos sitúase en 135 persoas, tres casos máis que o mércores, dos que 114 evolucionan da enfermidade nos seus domicilios.
Nas últimas 24 horas efectuáronse 53 probas PCR ofrecendo o resultado de nove casos novos.
En Galicia rexístranse 1.340 casos coa enfermidade activa, dos que dos que 129 atópanse en planta de hospitais da comunidade e dous pacientes permanecen nas Unidades de Coidados Críticos. O número de falecementos pola pandemia en Galicia ascende a 3.894 persoas.