A Área Sanitaria "estudará" o arranxo da cuberta do centro de saúde de Cuntis
Por Redacción
O xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, mantivo este mércores no hospital Montecelo unha xuntanza co alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos, na que se analizou a situación sanitaria desta localidade.
Acompañado pola directora asistencial, Susana Romero, a directora de Atención Primaria, Elena Ocampo e o director de Enfermaría da Área Sanitaria, Juan Vazquez, o xerente José Flores sinalou ao rexedor cuntiense que a Área Sanitaria "estudará" un arranxo da cuberta do centro de Atención Primaria que inclúa unha ampliación do tellado no punto de acceso de ambulancias cara a mellorar os tránsitos de pacientes nos transportes sanitarios programados desta localidade.
Flores Arias sinalou ao rexedor cuntiense que o Servizo Salego de Saúde (Sergas) continúa a efectuar xestións para acadar a cobertura das ausencias médicas neste centro de saúde, ademáis de mellorar a súa accesibilidade poboacional.
O xerente reiterou o condicionante actual do "paro cero" nas especialidades de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitaria, de tal xeito que "a ausencia destes profesionais para contratar e cubrir substitucións no eido da Atención Primaria supón un atranco para la cobertura con estabidade nesta localidade".
O Sergas mantén o "compromiso permanente de continuar efectuando xestións administrativas a este respeito, perseverando para poder efectuar contratacións de substitucións á maior brevidade posible e acadar a cobertura das ausencias médicas neste centro de saúde, ademáis de mellorar a súa accesibilidade poboacional".
Relacionadas:
-
Seis ecógrafos novos para os hospitais Provincial e Montecelo
Por Redacción |
-
Homenaxe a Cuntis de Nolo Suárez e Nando Pereiro na súa mostra 'Aquantiqua'
Por Redacción |
-
Malestar en Moraña ante a "reiterada" falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
Flores nomea nova directora de Atención Primaria da área sanitaria á doutora Marta Ocampo
Por Redacción |