O skate-park "de quita e pon" en Raíña Vitoria é, para o PP, unha "tomadura de pelo"
Por Redacción
Aos populares, como era de esperar, non lles gustou o anuncio do inicio das obras para converter a avenida Raíña Vitoria nun skate-park urbano. Consideran que é un proxecto que xorde para "tapar o despropósito" que foi o peche deste arteria da cidade.
O seu portavoz, Rafa Domínguez, lamentou que esta instalación "de quita e pon" supoña unha nova "tomadura de pelo" a todos os pontevedreses e reclama paralizar a obra.
"Pídolles que non dilapiden o diñeiro de todos os veciños no capricho duns poucos", sinalou Domínguez, que engadiu que en oito meses, cando sexa alcalde, "teñen a miña palabra e compromiso que se reabrirá Raíña Vitoria".
O lugar elixido para este skate-park, afirma o líder do PP de Pontevedra, "non ten ningún sentido", xa que lembra que "existen outras localizacións xa estudadas e consensuadas" para situar nelas este equipamento deportivo.
O portavoz popular insiste na necesidade de poñer en marcha en Pontevedra un estudo de tráfico "serio e rigoroso", que analice de maneira os fluxos de circulación e propoña solucións técnicas.
Reitera que existe un problema viario na nosa cidade "e é sabido que este Concello tomou unha serie de medidas que o único que provocaron é agravar o problema".
Relacionadas:
-
Organizan unha Festa do Patín para estrear as instalacións de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez |
-
Finalizados os traballos de pintado do 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez reúnese con repartidores a domicilio para buscar solucións que faciliten o seu traballo
Por Redacción |
-
O 'skate-praza' de Raíña Vitoria, a todo ritmo: nove dos once módulos desmontables xa están rematados
Por Redacción |
-
Raíña Vitoria, en obras: inician os traballos para o futuro 'skate-praza'
Por Alejandro Espiño |
-
Raíña Vitoria prepárase para acoller o futuro 'skate-praza'
Por Alejandro Espiño |