Bioconstrución e compostaxe centran os novos encontros de Urbtopías con Jesús Cintora, Javier Olleros e Carlos Quintáns
Por Redacción
O público poderá acceder a partir do próximo martes 6 de setembro de maneira gratuíta aos dous encontros da Axenda Urbana Pontevedra que se celebrarán en Santa Clara, dentro do ciclo Urbtopias. Trátase de dúas citas en que diferentes especialistas analizarán cuestións relacionadas co futuro das contornas urbanas.
Na primeira xornada, o martes ás 19.30 horas, falarase sobre Bioconstrucción, como elemento cara a un novo modelo de sociedade. Os arquitectos Carlos Quintáns Eiras e Cristina Ansede Viz, participarán nesta charla moderada pola xornalista María Hermida Feijoo.
Quintáns Eiras, profesor de construción na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña conta cunha dilatada e premiada traxectoria profesional, entre as que destaca o León de ouro da Bienal de Venecia no ano 2016 polo seu traballo 'Unfinished'. Tamén foi premiado como 'Arquitecto do ano' en 2016, polo Consello Superior de Colexios de Arquitectos.
Pola súa banda, Cristina Ansede forma parte do estudo de arquitectura AnsedeQuintáns con sede nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo. Traballa tanto en proxectos de promoción privada como pública e algunhas das súas obras son resultado de propostas gañadoras de concursos de arquitectura. Tamén participou en numerosas mostras e impartido relatorios sobre os seus proxectos. María Hermida Feijoo é a xornalista de La Voz de Galicia encargada de moderar o debate, con vinte anos de traxectoria profesional.
Xa o mércores 7, o coñecido xornalista Jesús Cintora será o encargado de mediar na charla sobre compostaxe, na que se analizarán as posibilidades dos residuos como recursos. César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, impulsor do Plan Revitaliza e concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade, compartirá charla co premiado cociñeiro Javier Oleiros, gañador de dúas Estrelas Michelín.
Estes encontros dan continuidade ás actividades desenvolvidas durante o mes de agosto con público infantil como principal protagonista. Durante este período desenvolvéronse tamén diversas actividades formativas relacionadas coa Axenda Urbana 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible orientadas a colectivos de Pontevedra como asociacións, persoal municipal ou consellos territoriais.
Relacionadas:
-
O modelo de compostaxe da Deputación chegará á India da man da Fundación Vicente Ferrer
Por Oskar Viéitez |
-
A cidadanía participará de xeito directo na elaboración da 'axenda urbana' cos retos do futuro da cidade
Por Natalia Puga |
-
Os retos de futuro que Pontevedra plasmará na súa axenda urbana
Por Alejandro Espiño |