Erciria Rosa Vidal recibe a visita do alcalde polo seu 101 aniversario
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañaba nesta xornada a Erciria Rosa Vidal Lopo na súa casa da Insua para felicitala polo seu 101 aniversario. Xunto coa concelleira Aurora Cal entregáronlle un ramo de flores para felicitala polo seu centenario.
Erciria non tivo fillos e atópase ao coidado da súa sobriña Pilar, que participou tamén da celebración na vivenda na que reside no lugar da Insua.
Conta que viviu varios anos en Bahía (Brasil) e garda moi bos recordos, os últimos dunha viaxe que fixo con máis de 70 anos con varias amigas e amigos e na que percorreron Brasil, Paraguai ou Arxentina, lembrando con nostalxia a visita ás cataratas do Iguazú e a despedida no hotel para todo o grupo coa canción ‘Viva España’ de Manolo Escobar.
En Galicia traballou no campo e nas estancias no Brasil ocupábase da casa. Separouse logo duns anos de matrimonio e desfrutou da vida "soa e libre", sinala Erciria, sempre rodeada de familia e amigos.
A súa sobriña considéraa unha muller adiantada ao seu tempo, moi intelixente e con moi boa memoria, aínda que nos últimos meses perdeu bastante audición. "Se o ano que vén estou viva quero que volvas a visitarme", foron as palabras coa que Erciria despediu ó alcalde de Ponte Caldelas, logo de agradecerlle o fermoso ramo que lle entregou no seu 101 aniversario.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas ten unha nova centenaria: Ricardina Martínez
Por Redacción |
-
Elvira Vázquez, a "muller brava" da Reigosa celebra os seus 103 anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas celebra os 102 anos de Elvira Vázquez, unha "muller brava do país"
Por Redacción |
-
Alsina Tomé e os seus 109 anos
Por Redacción |
-
A parroquia de Tourón, en Ponte Caldelas, cuna de centenarias
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas conta cunha nova centenaria
Por Redacción |
-
Cecilia celebra o seu 102 cumpreanos coa familia e o goberno municipal
Por Redacción |