Petición en Change.org para que o Sergas incorpore unha asesora de lactancia materna en Pontevedra
Por Redacción
Ana Lema é unha muller pontevedresa que acaba de ser nai no Hospital Provincial, alí experimentou a falta de medios para asesorar en relación á lactación materna. Por este motivo decidiu iniciar unha campaña de petición de firmas en Change.org diriigidas ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa intención de que se contrate a unha asesora de lactación para Pontevedra como sucede noutras cidades.
Considera que "é fundamental que as mulleres que damos a luz en Pontevedra poidamos contar cun bo asesoramento, sexa o tipo que sexa a alimentación que queiramos dar aos nosos bebés", afirma a promotora desta iniciativa.
Na petición subida á plataforma para recoller apoios indica que falta información acerca da lactación materna e que existe unha práctica moitas veces obsoleta por parte de profesionais de saúde que atenden no Hospital Provincial, tanto en Obstetricia como en Neonatoloxía ou Pediatría. Esta situación, asegura, termina por derivar nun abandono precoz da lactación materna.
Reclama unha persoa experta en lactación materna en planta, que asesore, organice e forme ao equipo médico e profesional destes servizos e tamén ás nais, seguindo as premisas da Organización Mundial da Saúde, a Asociación Española de Pediatría e UNICEF. Tamén demanda orientación para aquelas nais que en lugar de lactación deciden optar por outro tipo de alimentación artificial ou mixta.
Relacionadas:
-
Tetada láctea na Alameda para reivindicar alimentar aos bebés "cando e onde queiran as nais"
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Unha "tetada láctea" nas Palmeiras concienciará sobre a importancia da lactancia materna en lugares públicos
Por Redacción |
-
Organizan encontros de lactancia durante os meses de xuño e xullo na Casa Azul
Por Redacción |