O Lérez Up despídese tras recibir a máis de 3.500 visitantes na súa primeira edición

Por Alejandro Espiño
Todo un éxito. Mesmo máis do esperado. Así concluíu a primeira edición do Lérez Up, o salón de videoxogos e cultura friki de Pontevedra. Máis de 3.500 persoas pasaron polo Recinto Feiral para participar neste evento.
O salón, organizado pola asociación Gaming Troop en colaboración co Concello, "funcionou bastante ben", segundo explicou Marcos González, presidente deste colectivo, que celebra que "cumprimos coas expectativas".
Ata o Recinto Feiral chegou ademais público desde Andalucía, Madrid, Valencia ou Portugal.
O seu responsable asegurou estar "bastante sorprendido" co interese que xerou o evento e mostrouse agradecido do gran traballo dos voluntarios e dos colaboradores.
"Hai moitas cousas que se poden mellorar para próximas edicións, pero estamos moi contentos de como foi todo estes días", sostivo.
O edil de Xuventude, Alberto Oubiña, engadiu que desde o Concello tamén fan unha valoración "tremendamente positiva" do Lérez Up, que cualificou de "éxito total" para ser a súa primeira edición.
A este respecto, Oubiña explicou que "seguiremos traballando" de cara ao futuro para que máis persoas pasen polo salón en futuras edicións.
Relacionadas:
-
A segunda edición do festival de videoxogos Lérez Up celebrarase os días 26 e 27 de agosto en Pontevedra
Por Redacción |
-
Gamers de Pontevedra: Gaming Troop estrea novo local
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Preto de 400 persoas xa están inscritas no Lérez Up, o salón de videoxogos e cultura friki
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |