Unha media de 70 persoas ao mes achega lixo ao Punto Limpo Móbil
Por Redacción
O primeiros seis meses de 2022 ofrecen un balance positivo do funcionamento do Punto Limpo Móbil de Poio, segundo a análise realizada polo concelleiro Julio Casás, responsable de Servizos Municipais, este mércores.
Durante o semestre entre eneero e xuño, a media de persoas que acudiron a este servizo é de 70 persoas ao mes, rozando unha cifra total próxima ao milleiro. Desta forma, segundo o Concello, consolídase desde a súa implantación en 2020 como un punto de recollida itinarante que permite depositar residuos que precisan dun tratamento especial. Entre os obxectos que se recollen atópase o vidro, metais, elementos téxtiles, pequenos electrodomésticos, lámpadas ou pilas de uso habitual.
Esta unidade instálase de forma semanal cada mes, por esta orde, en Costa Xiráldez (parroquia de San Salvador); A Seca (San Xoán); Chancelas (Combarro); Praza Alfredo Romay (Samieira) e Leopoldo Nóvoa (Raxó). Nos tres primeiros casos, o Punto Limpo permanece de martes a xoves, mentres que nos dous últimos atópase dous días da mesma semana. As datas actualizadas atópase na páxina web do Concello de Poio na sección Poio Recicla. Para utilizalo só é preciso presentar o DNI.
A empresa Valoriza, adxudicataria do servizo de recollida de lixo, sinala que en San Salvador e en Combarro recolléronse máis materiais durante este período, con 136 e 123 actuacións respectivamente.
Este xoves 25 de agosto, o servizo non estará operativo en Raxó debido á celebración dos concertos da Festa do Mar. Retomarase a actividade o venres 26, entre as 09.00 e as 14.00 horas.
Relacionadas:
-
O Punto Limpo Móbil de Poio ten de media 70 usuarios mensuais
Por Redacción |
-
O Concello estuda fórmulas para mellorar e aumentar a eficacia do tratamento e xestión de residuos
Por Redacción |
-
O servizo de recollida de voluminosos de Poio fai máis de 100 retiradas ao mes
Por Redacción |
-
Máis de 130 escolares aprenderon a realizar creacións con material reciclado nos Talleres na Rúa
Por Redacción |
-
Poio terá que investir 77.000 euros para cumprir cos obxectivos da nova lei de residuos
Por Redacción |
-
Prevista a implantación de puntos limpos fixo e móbil no novo contrato de xestión de residuos
Por Redacción |