Os pontevedreses pagarán 6 euros máis ao ano en taxas municipais
Por Redacción
A partir do 1 de xaneiro de 2013, o goberno local de Pontevedra ten previsto subir algunhas das taxas e impostos municipais. Os máis rechamantes son os relativos á recollida de lixo, abastecemento de auga e saneamento. A suba será do 2'2% o que, segundo explicou o voceiro do goberno local, Raimundo González, se correspondería cun aumento por ciudadano de arredor de 0'50 céntimos ao mes, 6 euros ao ano.
Segundo sinalou, a suba é obrigatoria porque así o establece a lei de equilibrio presupostario e o Plan económico e financieiro do Concello. González indicou que só a subida do IVE nos contratos xa vai a supoñer un aumento dos gastos en 350 mil euros, unha cantidade que coincidiría co diñeiro que se recuperará a través das taxas.
O ano pasado, as taxas municipais subíranse un 3% pola inflación.