Sábado 27, protesta ante a precarización de servizos sanitarios no Centro de Saúde de Baltar
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A asemblea veciñal presidida polo doutor Manuel Martín celebrada en Sanxenxo este luns, a través da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, acordaba convocar unha concentración diante do Centro de Saúde de Baltar o vindeiro sábado 27 de agosto ás 12.30 horas.
Os numerosos asistentes a esta asemblea queren denunciar así a precarización que entenden está a rexistrarse nos servizos sanitarios en Sanxenxo e en toda a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Considerouse como "inaceptable" a cancelación das consultas medicas e só se aténdan as urxencias (están de baixa catro dos sete facultativos), malia que na área hai máis de 100.000 persoas polo incremento do turismo, máis de 7 veces o seu número habitual. O PAC ten tamén serios problemas de persoal e mesmo debe atender, en ocasións, á pacientes do Grove cunha poboación que tamén se multiplica no verán, cando o Centro de Saúde e o PAC pechan por non dispoñer de persoal.
Ademais, durante esta reunión, decidíase iniciar unha recollida de firmas como Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa intención de presentalas ante o Parlamento de Galicia e xerar un debate para mellorar o nivel asistencial da atención primaria. Reclaman, neste sentido, actuacións urxentes e extraordinarias.
Reivindican unha sanidade pública de calidade e tamén queren achegar solucións para garantir o número necesario de persoal sanitario en todas as categorías profesionais, non só de persoal médico, senón tamén en enfermería, traballo social, psicoloxía ou fisioterapia. Sinalan que, na actualidade, hai unha carestía destes profesionais na atención primaria causando problemas para atender as necesidades sanitarias da poboación.
Tamén usuarios do Centro de Saúde de Baltar iniciaron unha campaña de recollida de firmas dixitais a través da plataforma Change.org reclamando unha sanidade digna e a cobertura de baixas, xubilacións e demais situacións dos profesionais médicos.
RESPOSTA DA DIRECCIÓN DA ÁREA SANITARIA
O Sergas emtiu unha nota como resposta a estas protestas onde se indica que a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa a xestionar cos profesionais en activo a cobertura e gardas no centro de saúde de Baltar, ante a ausencia de profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria nas listas de contratación para cubrir a falta dos titulares por mor das vacacións e das baixas e o compromiso da Sanidade Pública de prestar asistencia.
En relación coa actividade de renovación de receitas de tratamentos crónicos no centro de saúde de Baltar, a xerencia indica que desde o pasado día 10 de agosto ata o venres día 19 de agosto realizáronse un total de 260 citas deste tipo. Aclara que os pacientes poden solicitar a cita por teléfono ou a través da aplicación de Sergas Móbil no persoal farmacéutico de Atención Primaria.
Sinala tamén que o persoal médico e de Enfermaría do centro de saúde de Baltar atendeu a semana pasada unha media diaria de 136 pacientes, cun labor de continuidade no seguemento e atención a patoloxías. Esta reordenación asistencial comezou a funcionar o mércores 17 de agosto, cambiando o modelo habitual de citación en axenda pola atención a demanda, nun momento concreto no que tan só tres médicos prestan asistencia neste centro.
Relacionadas:
-
Poio súmase de forma activa á recollida de sinaturas para a ILP que busca mellorar a atención primaria
Por Redacción |
-
Multitudinaria concentración polo "desmantelamento" da atención primaria en Sanxenxo
Por Redacción |
-
As Comisións de Centro de Pontevedra demandan unha reunión urxente con Flores ante a precarización de Atención Primaria
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo denuncia ante a Fiscalía a situación "deleznable" do PAC de Baltar
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas di que a paciente do PAC de Baltar chegou morta e dúas horas despois de chamar ao 061
Por Natalia Puga |
-
Sanidade sinala que non detectaron "criterios de gravidade" na muller que morreu en Baltar tras negarlle unha ambulancia
Por Natalia Puga |
-
Denuncian a morte dunha muller no centro de saúde de Baltar despois de negarlle unha ambulancia
Por Natalia Puga |
-
O Sergas destaca a calidade asistencial no centro de saúde de Baltar e a oposición asegura que "está peor que nunca"
Por Redacción |
-
O Sergas reorganiza o servizo de atención sanitaria en Baltar pola falta de profesionais
Por Redacción |